José Antonio Santiso Miramontes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1960 (64 anos) Mabegondo, España |
Alcalde de Abegondo | |
2009 – ← Juan José Rocha | |
Alcalde de Abegondo | |
1995 – 2004 (dimisión) ← Tomás Regueiro Cacheiro – Juan José Rocha → | |
Alcalde de Abegondo | |
1991 – 1992 (moción de censura) ← Miguel Patiño Vázquez – Tomás Regueiro Cacheiro → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Abegondo |
Ocupación | político |
José Antonio Santiso Miramontes, nado en Mabegondo (Abegondo) o 26 de setembro de 1960, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alcalde de Abegondo entre os anos 1991 e 1992 como independente pola UMI[1], entre 1995 e 2004 polo Partido Popular de Galicia (PPdeG), e de novo dende o 2009. Foi conselleiro de Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia desde o 2004 ata o 2005, e máis tarde parlamentario do Parlamento de Galicia. Tamén foi membro da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).
Santiso ocupou o cargo de conselleiro sucedendo a Juan Miguel Diz Guedes. Posteriormente, a partir do 2005 ata a súa reincorporación á alcaldía, ocupou un escano no Parlamento de Galicia.[2][3]
Santiso accedeu á alcaldía de Abegondo en 1991, como único concelleiro do UMI, e co apoio de PP, CNG e CDS. Ao cabo dun ano sufriu unha moción de censura[1] pasando a ser alcalde Tomás Regueiro Cacheiro[4], do CDS. No 1995 recuperou a alcaldía de Abegondo tras presentar unha moción de censura xa integrado no PP, e a catro meses de rematar a lexislatura[1].
Santiso seguiu como alcalde de Abegondo entre 1995 e 2004, con tres maiorías absolutas con máis do 70% dos votos, o que o converteu no rexedor máis votado de España en municipios de máis de 5.000 habitantes. Cando Santiso abandonou a alcaldía foi sucedido por Juan José Rocha, tamén do PPdeG. Santiso accedeu por terceira vez á alcaldía ó prosperar a moción de censura presentada polo seu grupo e apoiada polo único concelleiro socialista. Tanto os concelleiros do PPdeG como o socialista déranse da baixa con anterioridade dos seus respectivos partidos. A moción recibiu 7 votos a favor e 6 en contra do BNG e da Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA), fundada polo anterior alcalde, Juan José Rocha, tras abandonar o PPdeG.[1][5]
Nas eleccións municipais de 2011 e 2015 Santiso gaña a alcaldía co PP por maioría absoluta.
En xullo do 2011, José Antonio Santiso foi elixido presidente do Consorcio As Mariñas[6] polos representantes dos nove concellos que o conforman, tomando o relevo do anterior presidente Julio Sacristán. En 2015 foi reelixido para este cargo[7].
Nas eleccións municipais de 2019 foi escollido de novo alcalde de Abegondo.[8]
Predecesor: Miguel Patiño Vázquez |
Alcalde de Abegondo 1991 - 1992 |
Sucesor: Tomás Regueiro Cacheiro |
Predecesor: Tomás Regueiro Cacheiro |
Alcalde de Abegondo 1995 - 2004 |
Sucesor: Juan José Rocha |
Predecesor: Juan Miguel Diz Guedes |
Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural 2004 - 2005 |
Sucesor: Alfredo Suárez Canal |
Predecesor: Juan José Rocha |
Alcalde de Abegondo 2009 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Santiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura Arquivado 14 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, 20/04/2009 (en castelán).
- ↑ El caso de Benidorm despeja el camino a los tránsfugas en las listas del PP gallego. www.lavozdegalicia.es, 26/10/2010 (en castelán)
- ↑ O ex conselleiro Santiso Miramontes consegue dinamitar a Alcaldía de Abegondo. www.vieiros.com, 06/04/2009.
- ↑ Un conductor circuló 15 años con un permiso municipal. www.laopinioncoruna.es, 22/08/2008 (en castelán).
- ↑ Santiso Miramontes promete su cargo de diputado en substitución de Manuel Fraga. www.farodevigo.es, 07/03/2006. (en castelán)
- ↑ Los nueve alcaldes del área deciden que Santiso presida el Consorcio As Mariñas Arquivado 07 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. www.elidealgallego.com, 08/07/2011 (en castelán)
- ↑ El alcalde de Abegondo, reelegido presidente del Consorcio das Mariñas. www.laopinioncoruna.es, 19/06/2015 (en castelán)
- ↑ Santiso reedita la Alcaldía de Abegondo con una mayoría absoluta ampliada en un edil